Tuesday 07 de May de 2024

A Policía Local xa conta cun novo vehículo


A Policía Local de Riveira recibiu esta mañá un novo turismo despois de que se vise culminado o concurso para o subministro deste vehículo.

Representantes da empresa adxudicataria, Autos Iglesias, fixeron efectiva a entrega do coche en cuestión, un Ford C-MAX, ao concelleiro de Seguridade Cidadá, Victor Reiriz, e ao xefe da Policía Local, Pedro Fernández. O importe da adquisición ascendeu a 51.981 euros.

Tamén esta previsto adquirir unha nova furgoneta.